Aviso: Listaxe provisional de bolsas de arquivos 2022

Listaxe provisional de bolsas de arquivos 2022

Bolsas de arquivos 2022

Con data 31 de marzo de 2022 publícase neste Portal e no Portal de Arquivos de Galicia https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl a listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2022: Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2022 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022)

De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 12.3 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.

Estado de trámite: En trámite

Comparte