Aviso: Publicación da listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020
Publicación da listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020
Bolsas de formación en materia de arquivos
Hoxe 4 de xuño de 2020 publícase neste Portal e no Portal de Arquivos de Galicia http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivos-de-galicia/index.html a listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2020)
De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 10.3 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas