Aviso: Convocatoria para a creación do catálogo de actividades de Ler conta moito 2014

Convocatoria para a creación do catálogo de actividades de Ler conta moito 2014

A Secretaría Xeral de Cultura abre o prazo de presentación de propostas para configurar o catálogo de actividades deste programa.

A partir do banco de propostas recibidas, que se poderán presentar ata o día 20 de decembro, construirase o catálogo de actividades de Ler conta moito 2014.

O formulario electrónico para a presentación de solicitudes está accesible na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia www.rbgalicia.xunta.es.

Estado de trámite: Resolto

Comparte