Aviso: Incoado o procedemento para declarar BIC o castro de Santa María de Cervantes

Incoado o procedemento para declarar BIC o castro de Santa María de Cervantes

O Diario Oficial de Galicia do 20 de decembro recolle a resolución do 14 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural o denominado castro de Santa María de Cervantes, sito no lugar do Castro, na parroquia de Santa María do Castro, no termo municipal de Cervantes (Lugo).

Comparte