Aviso: Faise pública a formalización do contrato das obras de conservación e posta en valor do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

Faise pública a formalización do contrato das obras de conservación e posta en valor do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do 29 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de dirección de execución material de obra (DEM) e coordinación en materia de seguridade e saúde (CSS) das obras de conservación e posta en valor do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, igrexa e espazos de uso público, en Sobrado dos Monxes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1, mediante contratación documentalmente simplificada. 

Comparte