Aviso: Nomeado o xurado dos Premios da Cultura Galega 2018

Nomeado o xurado dos Premios da Cultura Galega 2018

En virtude do establecido no artigo 11 da Orde do 3 de maio de 2018 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2018, procédese á publicación dos membros designados para formar parte do xurado.

Representantes das principais entidades culturais e profesionais independentes serán os encargados de decidir as premiadas e premiados na edición de 2018, nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior da cultura galega.

Xunto cos representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, da Universidade da Coruña (en representación das universidades galegas), da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, participan no xurado dos Premios da Cultura Galega 2018 os profesionais do ámbito cultural Xosé Manuel Aldea Moscoso (editor e xestor cultural), Isabel Blanco Picallo (actriz), Ángeles Penas Truque (directora do Museo de Belas Artes da Coruña) e María Solar Núñez (escritora).

Documentos relacionados

Comparte