Aviso: Incoado o expediente para declarar ben de interese cultural o baile tradicional galego
Incoado o expediente para declarar ben de interese cultural o baile tradicional galego
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do 16 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o baile tradicional galego.
O baile tradicional é unha mostra representativa relevante da identidade do pobo galego, así é asumida na actualidade e é unha das súas imaxes e actividades icónicas en especial para as comunidades residentes no exterior ou en relación con actividades promovidas con actos festivos e culturais. Existen asociacións que levan decenas de anos traballando na difusión do baile, tanto no ensino como en diversas mostras e actos, na actualidade organizados en concursos, seráns e romarías.