Aviso: Anuncio de licitación das obras de restauración da igrexa de Santa María de Donramiro, en Lalín

Anuncio de licitación das obras de restauración da igrexa de Santa María de Donramiro, en Lalín

No DOG do 20 de febreiro publícase a resolución do 13 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de restauración da igrexa de Santa María de Donramiro, en Lalín. 

O orzamento para os traballos é de  146.040,26 euros, sen IVE. As obras terán un prazo de execución dun máximo de 4 meses. 

 

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte