Aviso: Apertura de expediente para declarar ben de interese cultural nove esculturas do Mestre Mateo

Apertura de expediente para declarar ben de interese cultural nove esculturas do Mestre Mateo

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución do 22 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para a declarar ben de interese cultural (BIC) nove esculturas do Mestre Mateo procedentes da desaparecida fachada occidental da catedral de Santiago de Compostela.

A declaración das estatuas como BIC implica un maior réxime de protección para as mesmas, ao tempo que tamén regula outras cuestións como é o de facilitar o acceso dos cidadáns a estes bens. Outras cuestións, como é o potencial traslado ou a exportación das estatuas, tamén estarían reguladas pola declaración das mesmas como BIC.

Estado de trámite: En trámite

Comparte