Aviso: Convocatoria do proceso de selección para a contratación de actores e actrices dunha produción do CDG

Convocatoria do proceso de selección para a contratación de actores e actrices dunha produción do CDG

Agadic anuncia a apertura de convocatoria do proceso de selección para a contratación de sete prazas de actrices e actores coa categoría de principais, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2018 dunha versión libre de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán. 

Os interesados deberán enviar a documentación anexa e as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na páxina web da Agadic no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal

O prazo de presentación será de dez días hábiles a contar a partir da publicación do anuncio no DOG. 

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte