Aviso: Comezo dos traballos de limpeza e roza no Castro de Vilar

Comezo dos traballos de limpeza e roza no Castro de Vilar

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, promove os traballos de limpeza e roza do Castro de Vilar, no concello lucense de Folgoso do Courel. O 4 de outubro está previsto que comece este labor, encadrado dentro do programa de actuacións arqueolóxicas destinado á documentación, conservación e protección dos xacementos arqueolóxicos máis significativos da Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita actuación ten un importe de 10.164 euros e un prazo de execución de tres semanas.

Comparte