Aviso: Formalización do contrato de restauración das Pinturas de Moraime

Formalización do contrato de restauración das Pinturas de Moraime

A intervención está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato de servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía (A Coruña), uns traballos aos que se destinan 50.000 euros. A intervención, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ten un prazo de execución de 5 meses.

Os labores que se realizarán consistirán na limpeza da superficie, aplicación de tratamentos contra o biodeterioro, consolidación do soporte e reintegración da policromía. Así mesmo, procederase a retirar morteiros antigos para substituílos por outros novos e realizaranse mapas de estado de conservación das pinturas.

A zona de actuación serán as pinturas que ocupan o muro norte, que representan os sete pecados capitais a través da personificación do pecados e da representación dos seres demoníacos que instigan os vicios e virtudes e que animan a practicar a penitencia e a oración. 

Comparte