Aviso: Formalización do contrato das obras de rehabilitación do mosteiro de San Martiño de Xubia

Formalización do contrato das obras de rehabilitación do mosteiro de San Martiño de Xubia

Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia, DOG, a formalización do contrato de obras de rehabilitación do mosteiro de San Martiño de Xubia, en Narón. Os traballos de reparación da cuberta da igrexa, da torre do campanario e do paramento exterior do mosteiro serán cofinanciados  polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6. 

Comparte