Aviso: Aberto o prazo para que os recintos da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas fagan as súas propostas de programación para o segundo semestre 2017

Aberto o prazo para que os recintos da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas fagan as súas propostas de programación para o segundo semestre 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre desde hoxe e ata o 3 de xullo o prazo para que os espazosda Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas realicen as súas propostas de programación para o segundo semestre de 2017.

As compañías e grupos contratados a través de calquera destes tres circuítos deberán estar dados de alta na Seguridade Social os días das actuacións.

O trámite realízase a través da intranet da web Galescena, onde se atopan tamén as listaxes das persoas encargadas da programación de cada un dos espazos en rede.

Comparte