Aviso: A Biblioteca municipal de Mondariz incorpórase á Rede de Bibliotecas de Galicia

A Biblioteca municipal de Mondariz incorpórase á Rede de Bibliotecas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicia a Orde do 20 de abril de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na que se resolve a integración da biblioteca pública municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca na Rede de bibliotecas de Galicia.

 

Ambas partes deberán asinar un convenio, nun prazo non superior ós tres meses, que recolla as obrigas e servicios que deberá prestar o centro bibliotecario de acordo ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

Comparte