Aviso: Convocatoria para participar no mercado de documentais Sunny Side of the Doc (La Rochelle)

Convocatoria para participar no mercado de documentais Sunny Side of the Doc (La Rochelle)

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), participará no mercado de documentais SUNNY SIDE OF THE DOC que terá lugar en La Rochelle (Francia) entre os días 19 e 22 de xuño.

Como na edición anterior, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.

 

A organización acaba de ampliar o prazo para inscribir proxectos nas sesións de pitching que organiza o mercado:

 

http://mailchi.mp/sunnysideofthedoc/deadline-extended-submit-your-projects-by-28-april?e=747795a2d2 

 

Procedemento a seguir, neste enlace: http://www.agadic.gal/Avisos/detalles/436

Ligazóns

Comparte