Aviso: Environments de Jon Gorospe, proxecto gañador do IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Environments de Jon Gorospe, proxecto gañador do IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Environments de Jon Gorospe, nado en Vitoria aínda que agora vive en Oslo, resultou ser o proxecto gañador do IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Os outros dous finalistas foron Javier Arcenillas e Sabela Eiriz.
O xurado estivo composto por:
Santiago Olmo - Director do Centro Galego de Arte Contemporánea
Ana Matos - Directora da Galería das Salgadeiras [Lisboa]
Silas de Paula - Profesor de Fotografía na Universidade Federal do Ceará en Fortaleza [Brasil] e fotógrafo
Xosé Lois Vázquez - Director do festival internacional Outono Fotográfico, editor e fotógrafo
Vítor Nieves - Comisario do OF, coordinador do Premio e fotógrafo
María Mercedes Gallego - Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense [en representación da Xunta de Galicia]
Encarna Lago - Xerente da Rede Museística de Lugo [en representación da Deputación de Lugo]
Manú Gallego - Secretaria do Xurado [en representación da Asociación Proxecto Benito Losada]