Aviso: Selección de actores/actrices para a produción de Tartufo do CDG

Selección de actores/actrices para a produción de Tartufo do CDG

 A Axencia Galega das Industrias Culturais publica a convocatoria para a selección de actores/actrices para a produción de Tartufo 2016, do Centro Dramático Galego e de acordo coas seguintes bases.

 Convócase proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas ao abeiro do RD 1435/85, de 1 de agosto, de 10 prazas de actores e actrices, coa categoría de protagonista (2 prazas) e de principais (8 prazas), para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2016 “Tartufo”de Molière. Os personaxes a interpretar son: Orgón, Tartufo, Dorina, Cleanto, Damis, Dorina, Elmira, Madame Pernelle , Mariana, Valerio, un garda e outros.

O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria.

Mais información polo miúdo na Agadic

Estado de trámite: En trámite

Comparte