Aviso: Curso de Dirección Coral, Canto e Técnica Vocal Tamara Brooks

Curso de Dirección Coral, Canto e Técnica Vocal Tamara Brooks

Unha oportunidade única para compartir uns días de boa música

Aberto o prazo de inscrición para o Curso de Verán de Dirección Coral, Canto e Técnica Vocal Tamara Brooks, que vai ter lugar na cidade de Tui (Pontevedra) do 10 ao 16 de agosto impartido polos profesores Kevin Smith, Rasa Jakutyte-Biveiniene, Javier Busto, Irene Gómez-Calado, Juan Abalde e Julio Domínguez. Este ano o curso, que cumpre 25 edicións, ofrece unha interesante programación que, ademais das clases propiamente ditas, inlúe diferentes concertos grazas á colaboración dos artistas e persoas ou institucións locais implicadas co curso, en especial a Asociación Amigos da Catedral de Tui. As actividades terán lugar no Seminario Menor e na Igrexa de San Domingos.

O prazo de inscrición remata o 26 de xullo, pero admitiranse alumnos oíntes antes do inicio da actividade (10 de agosto) ata completar as prazas dispoñibles. O número total de prazas ofertadas é de 60 e serán asignadas por orde de recepción das solicitudes.

Máis información

 

Estado de trámite: Resolto

Comparte