Aviso: Axudas da Agadic á programación de cinco salas escénicas

Axudas da Agadic á programación de cinco salas escénicas

Ensalle, Teatro del Andamio, Ártika, Teatro Estepario e Gurugú

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)  acaba de publicar a adxudicación dun total de 70.000 euros a cinco salas escénicas de Vigo e A Coruña. Resólvese así a convocatoria de subvencións dirixida a apoiar a programación de 2015 deste tipo de espazos culturais de xestión privada e cunha capacidade máxima de 250 localidades.

As beneficiarias desta liña de axudas, que incrementou a súa dotación en 10.000 euros respecto ao ano pasado, son as salas viguesas Teatro Ensalle, que recibirá 22.446,12 euros; Ártika, 14.686,33 euros; e Teatro Estepario, 7.581,68 euros; así como as coruñesas Teatro del Andamio, 19.798,20 euros, e Gurugú, 5.487,67 euros.

Estado de trámite: Resolto

Comparte