Aviso: Corrección de erros da resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
Corrección de erros da resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
Detectado de oficio erro na proposta de resolución provisional de 16 de xuño de 2026 a Comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 13 da Orde de subvencións a entidades locais de Galicia, reúnese o 29 de xuño de 2026 de xeito extraordinario co obxecto de corrixir a valoración ao concello de Oza Cesuras ao detectarse que o local para o que solicita axuda non é unha instalación cultural obxecto establecido no artigo 1.1 desta orde o que implica a necesaria exclusión deste proxecto.
Polo que ao amparo do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2025, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas se procede a efectuar a oportuna rectificación e se acorda:
Primeiro. Substituír a listaxe de solicitudes admitidas e puntuacións correspondentes, incluíndo aquelas solicitudes que non acadaron a puntuación mínima establecida no artigo 14 da Orde, por non acadar unha puntuación igual ou superior a 23 puntos.
As solicitudes admitidas coas puntuacións relaciónanse no Anexo I que se xunta, que se divide en dous apartados:
a) Solicitudes que acadan a puntuación mínima para obter subvención ordenadas por número de expediente, desta relación elimínase o expediente correspondente ao Concello de Oza Cesuras cuxo obxecto é o “Equipamento para a casa consistorial de Lois -Oza”
b) Solicitudes que non acadan a puntuación mínima para obter subvención ordenadas por número de expediente.
Segundo: Substitúese a listaxe de solicitudes excluídas incluíndo o expediente CT211B-2026-115 correspondente ao concello de Oza Cesuras por non axustarse ao obxecto da subvención.
Terceiro. Publicar a proposta de resolución provisional coas listaxes correspondentes no portal web www.cultura.gal.
Quinto. Ábrese un novo prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación do presente documento no portal web, para a presentación de alegacións, as cales irán dirixidas á Dirección Xeral de Cultura no lugar e forma indicados no artigo 15.4 da Orde de convocatoria.
En todo caso, as entidades locais que presenten alegacións enviaranlle un correo electrónico ao Servizo de Promoción da Cultura, a través do seguinte enderezo: servizopromocion.cultura@xunta.gal no cal indicarán o día en que se presentou a alegación e o motivo da mesma.