Anteproxecto do Decreto polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia

A posta en funcionamento deste Consello de Avaliación Documental é necesaria para decidir sobre a conservación permanente ou a eliminación das series documentais en papel acumuladas nos diferentes arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia e porque a posta en marcha dos sistemas de xestión documental que require o desenvolvemento da administración electrónica esixe, de acordo coa lexislación citada e as normas técnicas internacionais na materia, determinar con antelación á creación de calquera documento administrativo electrónico o seu destino final e os prazos de transferencia, conservación e acceso. 

No prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto constituirase o Consello de Avaliación Documental de Galicia.