Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 684 resultados.

A escola da noite: Escritos sobre literatura e arte contemporánea

Autor/a: Hernández Marcos, Aitor
A escola da noite: Escritos sobre literatura e arte contemporánea

A escola da noite foi a obra galardoada na sexta convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte...

Parlamentos de xeo: (e outras friccións teóricas da arte do século XXI)

Autor/a: Meijide Casas, Sergio
Parlamentos de xeo: (e outras friccións teóricas da arte do século XXI)

Parlamentos de xeo, asinada polo doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela Sergio Meijide Casas (A Coruña, 1996), foi a obra gañadora da sétima convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte...

Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada

Autor/a: Olmo García, Santiago B.. Cerviño López, Ángel. Poncela López, Natalia
Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada

En 2021, coincidindo co trixésimo aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o CGAC organizou unha exposición que reunía unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que...

Novos imaxinarios

Autor/a: Álvarez López, Cristina. Combarro, Nicolás. Delgado, Miguel Ángel
Novos imaxinarios

Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos...

O gabinete fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez no Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Entidade: Arquivo Histórico Provincial de Lugo
O gabinete fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez no Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e...

Kumbh Mela: O baño da inmortalidade: Fotografías de Manuel Valcárcel

Autor/a: Valcárcel, Manuel
Kumbh Mela: O baño da inmortalidade: Fotografías de Manuel Valcárcel

Trátase do catálogo dunha exposición que, acompañado de varios textos, recolle as fotografías da mostra, xunto con outras non expostas, que ilustra o maior encontro relixioso do mundo. Este ano celebrouse o Maha Kumbh Mela (o gran Kumbh Mela) e...

ArGaMed 7/2025. Manifestacións de relixiosidade na Galicia medieval.: Literatura, historia e arte | 7, 2025

Editor/a literario/a: Negri, Manuel
ArGaMed 7/2025. Manifestacións de relixiosidade na Galicia medieval.: Literatura, historia e arte | 7, 2025

Este volume reúne, desde unha perspectiva interdisciplinaria, unha selección de traballos vencellados a proxectos predoutorais actualmente en desenvolvemento, ao coidado de novas investigadoras e investigadores. O eixo temático común é o estudo...

Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 35, 2025

Autor/a: Combo García, Ramiro Anxo
Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 35, 2025

Edición do número 35 de revísta Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos...

Educando a mirada: Leccións de arte e deseño

Entidade: Arquivo de Galicia
Educando a mirada: Leccións de arte e deseño

Educando a mirada. Leccións de arte e deseño é o título da exposición obxecto deste catálogo e que o Arquivo de Galicia organizou para celebrar o Día Internacional dos Arquivos neste ano 2025. Nela exhíbese un conxunto...

A barca de caronte: A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

A barca de caronte: A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema,...

Páxinas