Premio: XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é un galardón impulsado pola Xunta de Galicia, a Asociación Outono Fotográfico e a Deputación de Lugo co obxectivo de promover novas creacións nesta disciplina.

As persoas interesadas en participar poderán presentar a súa solicitude entre o 24 de xullo e ata o 22 de setembro deste ano 2025. Só se poderán enviar proxectos realizados entre setembro do ano 2015 e setembro do 2025, que non foran subvencionados ou recibisen unha bolsa na súa totalidade anteriormente noutro certame e que non estivesen editados na súa totalidade en calquera soporte. Respecto do tema e mais da técnica serán de libre elección e terán absoluta liberdade.

Estado do trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte