Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 689 resultados.

Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos

Autor/a: Fernández Fariña, Almudena. Cendán, Susana. Mayo, Patricia
Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos

Almudena Fernández Fariña. Pisando Charcos ofrece un percorrido polo traballo da artista ao longo de trinta anos de carreira, resitúa a súa traxectoria e desvela unha artista inédita cuxa...

Impacto económico e social da Rede de Bibliotecas

Impacto económico e social da Rede de Bibliotecas

Estudo realizado para a Dirección Xeral de Cultura, sobre o impacto económico e social da rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Una vida vikinga=Unha vida viquinga=A viking life

Una vida vikinga=Unha vida viquinga=A viking life

Unha Vida Viquinga que presenta ao público unha visión actualizada, baseada na investigación, do desenvolvemento da vida nesta etapa histórica. ...

Cidades no tempo: Pontevedra

Autor/a: Gago Mariño, Manuel. Bará Viñs, Milagros
Cidades no tempo: Pontevedra

Pontevedra no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Pontevedra. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo...

Luis R. Brage Villar: a paisaxe sonora de Galicia a través dunha vida en movemento

Coordinador/a: Ferreiro Carballo, David
Luis R. Brage Villar: a paisaxe sonora de Galicia a través dunha vida en movemento

Artigos sobre a obra e vida de Luis Brage, a música na Galicia do seu tempo, a Compostela dos anos de xuventude de Brage, a música no cárcere, os arquivos musicais en mans de particulares.

Raniero Fernández: O arquivo

Autor/a: Olmo García, Bruno. Sendón Trillo, José Manuel. Suárez Canal, Xosé Luis
Raniero Fernández: O arquivo

Raniero Fernández (Vigo, 1909-1999) realiza, durante as décadas cincuenta e sesenta do século pasado, unha interesante obra fotográfica que, co paso do tempo, adquiriu gran relevancia. A súa actividade como fotógrafo está estreitamente vinculada...

Wunderkammer: Fandiño

Autor/a: Barro López, David. Fandiño Gracia, Jesús Victoriano. Maneiro Jurjo, Mónica
Wunderkammer: Fandiño

En 1952, André Malraux publicaba Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital no cal prefiguraba unha nova forma de concibir a historia da arte como disciplina aberta en que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun...

Colección vitivinícola 3: As etiquetas

Autor/a: Cortés López, Mirian Elena
Colección vitivinícola 3: As etiquetas

Catálogo/inventario da colección de etiquetas da colección do Museo do Viño de Galicia.

Memoria do azul: A afección monocroma do contemporáneo

Autor/a: Calvo Gens, Laura
Memoria do azul: A afección monocroma do contemporáneo

Orixinal premiado polo xurado do III Premio CGAC de investigación e ensaio en 2020, Memoria do azul: a afección monocroma do contemporáneo é unha persoal reflexión sobre a presenza e o significado desta cor na arte contemporánea. A partir de...

Cadernos Ramón Piñeiro (XLV). Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán.

Coordinador/a: Alonso Girgado, Luís. Cochón, Luís. Requeixo, Armando
Cadernos Ramón Piñeiro (XLV). Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán.

O número XLV dos Cadernos Ramón Piñeiro (XLV), titulado Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán xunta unha vintena de artigos centrados en diferentes aspectos da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2022. A súa...

Páxinas