Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 672 resultados.
Martes de Carnaval: Caderno pedagóxico

O caderno didáctico sobre Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán), produción do Centro Dramático Galego estreada o 20 de abril de 2017 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, é una ferramenta imprescindible para axudar o...
Cadernos Ramón Piñeiro XXIV. A luminosa mirada dos ollos de Isaac. Isaac Díaz Pardo. Obra dispersa

Trinta e cinco artigos e textos varios de Isaac Díaz Pardo conforman este número 24 de Cadernos Ramón Piñeiro, prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño e cunha coda final de Luís Cochón. As artes plásticas, Sargadelos e outros textos que nos...
A imprenta en Galicia: Século XIX

Repertorio, resultado dun proxecto bibliográfico elaborado conxuntamente pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Cultura -o Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico-, que recolle os rexistros bibliográficos dos fondos de...
Gerardo Rueda: Collages

Catálogo da exposición organizada polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía sobre a traxectoria de Gerardo Rueda, expresada a través de colaxes. Abrangue a súa produción neste eido desde os seus comezos, nos anos cincuenta, ata os primeiros...
Mera coincidencia

Mera coincidencia introduce ao mundo das biodermografías, a través dun grupo de fábulas sen móbil aparente. O libro asegura que a ciencia melancólica non está ben traducida e que o hiperhumano é unha noticia reversible. Un grupo de invitados...
Boletín do Museo de Belas Artes da Coruña | Número 1, 2015

Boletín científico do Museo de Belas Artes da Coruña. Número monográfico que recolle as conferencias do encontro sobre arte e emocións, celebrado no museo en 2014.
Emmanuel Sougez: Fotografías 1928-1958

Catálogo da exposición de fotografía de Emmanuel Sougez (1889-1972) realizada no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha figura singular, entregada á fotografía pictórica, con repercusión tamén na crítica de arte.
Goya gravador: Catálogo dos Gravados de Goya no Museo de Belas Artes de A Coruña

Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
O mundo nas mans: Cartografía escolar dos séculos XIX e XX

Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca

Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »