Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 455 resultados.

A onde viaxan os deuses: unha peregrinación ao = A donde viajan los dioses: una peregrinación al = Wo die götter reisen: eine wallfahrt ins peruaniche

Autor/a: Lingg, Christoph - Coautor/a: Schaber, Susanne
A onde viaxan os deuses: unha peregrinación ao = A donde viajan los dioses: una peregrinación al = Wo die götter reisen: eine wallfahrt ins peruaniche

Catálogo da exposición de idéntico título en que se recollen aspectos gráficos da peregrinación que anualmente se realiza ao Señor de Qoyllur Rit'i nos Andes peruanos. As imaxes de Chistoph Lingg vense completadas con textos alusivos a esta...

Mantendo vivas as frechas amarelas = Manteniendo vivas las flechas amarillas

Fotógrafo/a: Almajano, Eduardo - Tradutor/a: Dosil López, Benxamín
Mantendo vivas as frechas amarelas = Manteniendo vivas las flechas amarillas

Trátase da visión do Camiño de Santiago desde Roncesvalles ata Fisterra do fotógrafo Eduardo Almajano. Cada fotografía acompáñase dunha cita de autores varios e a maioría das citas fan alusión aos camiñantes, ás etapas etc.


 <...

De oca a oca... polo Camiño de Santiago = de oca a oca... por el Camino de Santiago

Fotógrafo/a: Rubines, Luisa
De oca a oca... polo Camiño de Santiago = de oca a oca... por el Camino de Santiago

Catálogo da exposición que recolle a experiencia da viaxe da autora relacionándoa co xogo da oca, para espertar unha antiga comparanza entre peregrinación e xogo iniciático (Camiño de Santiago e xogo da oca).Inclúese un estudo científico sobre...

Unha maré de palabras: Contribución ao léxico do Morrazo

Autor/a: Castro Otero, Salvador...[et al.]
Unha maré de palabras: Contribución ao léxico do Morrazo

Unha maré de palabras é un traballo léxicográfico, unha constatación de vida e unha reivindicación da memoria. Unha constatación de vida porque as entradas que se recollen están extraídas de falantes vivos e unha reivindicación da memoria porque...

Facedoras de Bueu: Proxecto de Mar Caldas

Autor/a: Caldas, Mar - Coautor/a: López de Prado Nistal, Covadonga
Facedoras de Bueu: Proxecto de Mar Caldas

Guía ilustrada da exposición temporal  con texto e imaxes das fotografías e pezas da colección expostas e texto explicativo.

Bleda y Rosa: Campos de batalla

Autor/a: París, Nacho
Bleda y Rosa: Campos de batalla

Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado...

Centro Galego de Arte Contemporánea: 25 anos, 1993-2018

Autor/a: Olmo García, Santiago B. - Coautor/a: Seara Morales, Iago - Tradutor/a: Riveiro Costa, Jesús
Centro Galego de Arte Contemporánea: 25 anos, 1993-2018

Con motivo do seu 25º aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea edita un volume con textos do seu director, Santiago B. Olmo, e de Iago Seara, unha testemuña privilexiada da historia do museo desde o momento da súa construción....

Forma, acción. Nicolás Combarro

Autor/a: Olmo García, Santiago B. - Coautor/a: Combarro, Nicolás. Ruiz de Samaniego, Alberto
Forma, acción. Nicolás Combarro

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) pertence a unha nova tipoloxía de fotógrafo en cuxa obra, centrada na arquitectura e na idea de construción, retroalimentándose, a práctica da documentación e a intervención, entendida esta última como acción no...

Lugar: Continxencias de uso

Editor/a literario/a: González, Susana - Coautor/a: Olmo, Santiago. Pesanti, Heather
Lugar: Continxencias de uso

Lugar: continxencias de uso constitúe un achegamento á significación existencial do espazo arquitectónico. O proxecto mostra obras de Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas producidas para distintos espazos do edificio de...

[Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995

Autor/a: Montesinos, Armando - Coautor/a: Navarro, Mariano. Olmo, Santiago
[Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995

[EX]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995, configúrase como un catálogo de tres mostras simultáneas e complementarias, que catografan as que foron as liñas emerxentes máis significativas da crítica de arte mediante a...

Páxinas