Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 442 resultados.
Museo aberto=Museo abierto=Open museum: saltando valados=saltando muros=jumping hurdles

Publicación que recolle a experiencia deselvolvida polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.
Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia

Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella. ...
Homeless

Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
Propter magnare creatus: Lengua, literatura y gastronomía entre Italia y la península Ibérica: Actas del Congreso Internacional Santiago de Compostela, 21-23 de septiembre de 2016

Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016. ...
Ás oito da tarde, cando morren as nais

Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2018. ...
Somos os monstros

Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática, galardoada co X premio Manuel María de literatura dramática infantil edición 2018, peza teatral de personaxes, situacións e diálogos de debuxo...
Aires galegos. Novos aires galegos para piano Andrés Gaos Berea: Andrés Gaos Berea (1874-1959)

Aínda que menos coñecido polo público que o seu perfil como violinista e como compositor, a dimensión de Andrés Gaos como pianista é un testemuño imprescindible á hora de calibrar a sólida formación do mestre coruñés. Aires galegos e Novos aires...
Neorretranca e posmorriña: Fantasía nº 5 en sol ou non Boisaca ou a divina desgraza

Neorretranca e posmorriña (Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza) dá corpo a unha nova produción propia do CDG, o primeiro froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatUrxente" de apoio á dramaturxia galega...
A investigación no Arquivo do Reino de Galicia no século XX

O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de...
O home e as súas crenzas

Catálogo da exposición de idéntico título da fotógrafa Sabine Weiss que supón un percorrido por diversos países, ao longo de varias décadas. Recolle os sentimentos máis íntimos do ser humano e a súa relación coa divindade. Acompáñase dun texto,...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »