Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 675 resultados.
Estudo da xuventude galega 2010
O estudo da xuventude galega 2010 recolle a opinión das mozas e mozos galegos sobre distintos aspectos que lles afectan como son a emancipación, o lecer, o tempo libre, plans de futuro, experiencia sexual, políticas institucionais, estudos,...
José Guitián: Fotógrafo en Compostela 1950-1980
Catálogo da exposición: José Guitián. Fotógrafo en Compostela. 1950-1980. Con textos de Manuel F. Rodríguez e José Seijo Guitián. Recóllese unha ampla selección da obra fotográfica deste autor, recuperada para realizar a exposición e este catálogo...
Alfredo debuxa o Camiño=Alfredo dibuja el Camino=Alfredo draws the Camino
Catálogo da exposición do mesmo nome, que ten como eixe fundamental os preto de 100 debuxos que realizou o humorista gráfico Alfredo González ao longo do Camiño de Santiago. Complétase coas súas notas de viaxe, así como con varios textos...
Por fin Santiago! Alfredo
Catálogo da exposición do mesmo título, que recolle os debuxos realizados por Alfredo González en Santiago de Compostela. Compleméntase con textos introdutorios e unha serie de poemas realizados para a ocasión por Luís González Tosar.
A factoría baleeira Massó: Fotografías de Félix Lorrio
Catálogo que conta cunha presentación institucional do director xeral do Patrimonio Cultural e tres artigos en lingua galega -traducidos para o castelán na parte final da obra-, que falan da historia da pesca da balea en Galicia e das fotografías...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68