Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 657 resultados.
Guía de recursos para a emancipación da mocidade galega

Esta guía recolle os recursos existentes a nivel autonómico e estatal para a emancipación da mocidade. Co fin de organizar os recursos distribúense en recursos para a formación, para o emprego e para o acceso á vivenda. ...
Xuventude 2013. Unha estratexia para a mocidade galega

Recóllense aquelas actuacións que, dende a Xunta e os diferentes organismos públicos, se están a levar a cabo ou que se van poñer en marcha no período 2010-2013 co fin de mellorar a cualificación e capacitación da mocidade en varias áreas da vida....
Estudo da xuventude galega 2010

O estudo da xuventude galega 2010 recolle a opinión das mozas e mozos galegos sobre distintos aspectos que lles afectan como son a emancipación, o lecer, o tempo libre, plans de futuro, experiencia sexual, políticas institucionais, estudos,...
José Guitián: Fotógrafo en Compostela 1950-1980

Catálogo da exposición: José Guitián. Fotógrafo en Compostela. 1950-1980. Con textos de Manuel F. Rodríguez e José Seijo Guitián. Recóllese unha ampla selección da obra fotográfica deste autor, recuperada para realizar a exposición e este catálogo...
Alfredo debuxa o Camiño=Alfredo dibuja el Camino=Alfredo draws the Camino

Catálogo da exposición do mesmo nome, que ten como eixe fundamental os preto de 100 debuxos que realizou o humorista gráfico Alfredo González ao longo do Camiño de Santiago. Complétase coas súas notas de viaxe, así como con varios textos...
Por fin Santiago! Alfredo

Catálogo da exposición do mesmo título, que recolle os debuxos realizados por Alfredo González en Santiago de Compostela. Compleméntase con textos introdutorios e unha serie de poemas realizados para a ocasión por Luís González Tosar.
A factoría baleeira Massó: Fotografías de Félix Lorrio

Catálogo que conta cunha presentación institucional do director xeral do Patrimonio Cultural e tres artigos en lingua galega -traducidos para o castelán na parte final da obra-, que falan da historia da pesca da balea en Galicia e das fotografías...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66