Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 657 resultados.
Sur le dandysme aujourd'hui: Del maniquí en el escaparate a la estrella mediática

Son moitos os artistas contemporáneos -desde Marcel Duchamp ou Man Ray a Andy Warhol- que se revelan debedores das actitudes iconoclastas dos dandis, en tanto que personaxes incómodos e críticos co establishment da arte do seu tempo. A pegada que...
A música de Epicuro = La música de Epicuro

Catálogo da exposición do pintor César Taboada A música de Epicuro, celebrada na Casa da Parra entre o 20 de novembro de 2013 e o 30 de xaneiro de 2014. Cunha evidente carga narrativa, a súa obra ofrece diversas vertentes e lecturas, que se...
De homes… e mulleres: Fotografías: 1955-1979 ~ [exposición]/Dionisio Tasende
![De homes… e mulleres: Fotografías: 1955-1979 ~ [exposición]/Dionisio Tasende](https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/styles/listado100x100/public/images/publicacion/13-0399.jpg)
Extensa e representativa mostras das imaxes inéditas dun dos fotógrafos máis laureados na historia da fotografía en Galicia.
Museo Massó: O museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas

Guía visual do Museo Massó. Faise un percorrido pola exposición permanente do museo con textos breves e profusión de imaxes das pezas da colección, en cor, con textos ao pé da imaxe.
Curso superior de linguaxe administrativa

Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel superior, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Curso medio de linguaxe administrativa

Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel medio, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Contos do Turreiro

A sección do Turreiro consta de máis de douscentos relatos en galego feitos por Avelino Rodríguez Elías e publicados no xornal El Tea e na revista viguesa Vida Gallega.
Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa

Esta guía trata de achegar ás persoas menos familiarizadas (en especial os profesores de ensino secundario e estudantes universitarios) ao estudo da lírica medieval co obxecto de difundir un patrimonio de primeira orde e plenamente integrado no...
A nacionalización do pasado irlandés 1845-1937

A obra é unha análise do proceso de configuración da representación nacionalista do pasado de Irlanda entre o momento do nacemento do nacionalismo moderno irlandés e a consolidación do Estado Libre Irlandés, que consagra dito relato como historia...
Curso de linguaxe xurídica. Nivel medio

Adaptación en papel do material didáctico en liña dos cursos de linguaxe xurídica galega. Neste manual recóllese o material teórico, os exercicios e información complementaria para a realización do curso. Material para uso didáctico nas clases...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- seguinte ›
- última »