Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 672 resultados.

Xuventude Novas | Núm. 66. Novembro 2015

Xuventude Novas | Núm. 66. Novembro 2015

Boletín electrónico en liña, de periodicidade mensual, coas novas máis relevantes no ámbito da mocidade.

IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos: Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. O impacto social no territorio

IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos: Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. O impacto social no territorio

Actas do Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos nas que se recollen os artigos referentes aos relatorios e comunicacións presentados. Contén tamén un CD no que, mediante un índice, pode accederse aos arquivos en PDF...

Oito espazos para sete miradas

Oito espazos para sete miradas

Catálogo que recolle o traballo de sete fotógrafos do norte de Portugal, no que cada un nos amosa a súa particular visión fotográfica dunha catedral, a través dun percorrido polas sés do norte do país veciño.

Campo de estrelas

Autor/a: Ruibal, Manuel
Campo de estrelas

Volume con textos e imaxes arredor da intervención realizada en Compostela por Manuel Ruibal, no ano 2004.

Xuventude Novas | Número 64. Setembro 2015

Xuventude Novas | Número 64. Setembro 2015

Boletín de periodicidade mensual coas novas máis relevantes no ámbito da xuventude.

Guia de conversa en galego galego-éuscaro-catalán

Autor/a: Castro, Fernando de. Pazó, Edith
Guia de conversa en galego galego-éuscaro-catalán

Manual de conversa en galego, para que as persoas falantes de éuscaro e catalán que visitan Galicia se acheguen dun xeito doado á nosa lingua.

Guía de conversa en galego-italiano-portugués

Autor/a: Castro, Fernando de. Pazó, Edith
Guía de conversa en galego-italiano-portugués

Guía de conversa para que visitantes de fala italiana e portuguesa se acheguen ao galego dun xeito doado.

Guía de conversa en galego-francés-alemán

Autor/a: Castro, Fernando de. Pazó, Edith
Guía de conversa en galego-francés-alemán

Guía de conversa en galego para visitantes de orixe francesa e alemá, para poderen achegarse ao galego dun xeito doado.

Bon appétit

Autor/a: García Ferreira, Begoña
Bon appétit

Publicación da obra gañadora da VII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.

Salomé: Os 7 veos

Salomé: Os 7 veos

Libro xoguete creado con motivo da montaxe do Centro Dramático Galego de Salomé, de Oscar Wilde, adaptada por Pepe Sendón e dirixida por Carlos Santiago.

Páxinas