Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 676 resultados.
Impulsores do movemento abstracto. Molezún, Mampaso, Labra, Caruncho. 1950-1970
Nos inicios do Movemento Abstracto, nas décadas do cincuenta e sesenta, os artistas Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho teñen una presenza moi activa no seu desenvolvemento. O catálogo desta exposición afonda nese período de grande interese para a...
O Mundo Antigo no Museo Massó e a Romanización en Bueu
Obra que resume o proceso de romanización en Bueu e contextualízaa na península do Morrazo e na Galaecia romana. A base para iso son as escavacións realizadas nesa localidade hai uns anos dunha factoría de salgaduras e uns fornos romanos. Os datos...
Xuventude Crea: Premios 2014
Catálogo coas obras premiadas na convocatoria do Certame de Creadores Novos Xuventude Crea 2014, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas once especialidades, xunto coas súas...
Xuventude Crea: 2015
Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
El primer Picasso. A Coruña 1891-1895
Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso,...
Xistral: Revista de Poesía (Lugo, 1949). Edición facsimilar
Xistral (Lugo, 1949), foi una revista poética creada por Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei, xustamente cando tiña vinte anos e aínda non publicara Muiñeiro de brétemas (1950), o seu primeiro poemario. Xistral, que toma o seu nome da Serra do...
Xuventude Crea: Premios 2015
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas dos premidados nas once especialidades, así como de fotografías dos autores...
Familia Aperribay Pita da Veiga: Inventario do fondo documental
Estudo arquivístico do fondo documental da familia Aperribay Pita da Veiga. Comprende o contexto histórico-social, a forma de entrada no arquivo e o contido da documentación. Complétase co inventario da documentación, que vai acompañado de índices...
Galician books for children & youns adults 2016=L ibros infantís e xuvenís de Galicia 2016=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2016
Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar...
Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Cartas a Fermín Penzol.
A liña de traballo consistente na publicación de material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da nosa literatura ou dos nosos estudos filolóxicos, ten unha nova contribución en Cartas a Fermín Penzol, quen foi ilustre mecenas da cultura...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »