Lavoisier, un revolucionario na ciencia

Autor/a: Bermejo Patiño, Manuel R.. González Noya, Ana
Lavoisier, un revolucionario na ciencia
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5542-8
Idiomas: Galego
Edita: Secretaría Xeral da Lingua. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2026
Temas: Ciencia, Tecnoloxía, Información, Enerxía e Industria, Comercio e Consumo
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 396
Sinopse
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acolle esta obra, elaborada por catedráticos da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, que convida os lectores interesados na historia da ciencia a afondar na vida de Antoine-Laurent Lavoisier, impulsor da química moderna e figura clave na situación sociopolítica que deu lugar á Revolución francesa. Nesta contribución abórdase a implicación de Lavoisier na política francesa de finais do século XVIII ao mesmo tempo que se analiza o seu papel na transformación da vella alquimia nunha ciencia baseada na experimentación, na precisión cuantitativa e nunha nova terminoloxía científica.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 15.00

Comparte