Cadernos Ramón Piñeiro (XLVIII). Cancioneiro popular galego de Álvaro de las Casas
Coordinador/a: Forneiro, José Luís. Requeixo Cuba, Armando - Revisor/a: Senín Santiago, María Belén
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5533-6
Idiomas:
Galego
Edita:
Secretaría Xeral da Lingua - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2025
Temas:
Cultura popular, Artesanía, Folclore, Gastronomía
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
70
Sinopse
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.