Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto. Filosofía e poesía que producen quilowatts

Autor/a: Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto.  Filosofía e poesía que producen quilowatts
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5534-3
Idiomas: Galego
Edita: Secretaría Xeral da Lingua, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Historia, Arqueoloxía, Heráldica, Civilizacións, Cultura
Ilustracións: b/n
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 214
Sinopse
Edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dentro da colección Olladas no Pasado. Este libro debulla as principais chaves do pensamento socioeconómico de Ramón Piñeiro, un aspecto que permaneceu nas marxes das análises sobre a súa reflexión intelectual e que permite identificar os fundamentos dunha economía humanista de resistencia orientada a promover a prosperidade e benestar do pobo galego a través da saída da situación de «atraso» en que se atopaba. Con todo, este labor non se desenvolveu de xeito illado, senón que se integra nun máis amplo traballo en man común do equipo integrado por Piñeiro, Xaime Isla e Francisco Fernández del Riego.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 10.00

Comparte