Educando a mirada: Leccións de arte e deseño

Entidade: Arquivo de Galicia
Educando a mirada: Leccións de arte e deseño
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5527-5
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 132
Sinopse

Educando a mirada. Leccións de arte e deseño é o título da exposición obxecto deste catálogo e que o Arquivo de Galicia organizou para celebrar o Día Internacional dos Arquivos neste ano 2025. Nela exhíbese un conxunto de documentos procedentes da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País e da Escola de Artes e Oficios desta mesma cidade que ilustran sobre a historia da formación artística en Galicia. Como complemento do catálogo, tres artigos da autoría de recoñecidos e recoñecidas profesionais proporcionan unha interesante información que axuda a contextualizar a exposición, achegando unha visión xeral da evolución dos métodos de aprendizaxe e da propia historia das escolas.


 

 

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 21.00

Comparte