O faro

Autor/a: Labraña, Carlos
O faro
Material textual - Publicación en papel - Folleto
ISBN-13: 978-84-453-5516-9
ISBN-13: 978-84-9995-465-3
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, AGADIC (Santiago de Compostela), Baía Edicións (A Coruña)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Barriga Verde (21)
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 44
Sinopse

O faro, de Carlos Labraña, conforma o número 21 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, O faro é unha peza teatral profundamente evocadora, unha mostra da potencialidade da linguaxe dos monicreques para tratar temáticas duras e de alcance universal. Cunha linguaxe escénica expresiva e minimalista, a obra realiza unha reflexión atemporal sobre o papel dos individuos fronte a eventos que definen a súa existencia. O faro, reafirma, deste xeito, o poder do teatro como ferramenta de resistencia e de lembranza, facéndonos ver que, en ocasións, a única solución para combater as sombras é apagando a luz.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 9.00

Comparte