Voar dende Galicia: O desenvolvemento das infraestructuras aeroportuarias en Galicia

Entidade: Arquivo do Reino de Galicia
Voar dende Galicia: O desenvolvemento das infraestructuras aeroportuarias en Galicia
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5509-1
Idiomas: Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Arquivo do Reino de Galicia (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Arquivos, Bibliotecas, Museos, Libro, Bibliografía, Documentación, Prensa. Ciencia, Tecnoloxía, Información, Enerxía e Industria, Comercio e Consumo
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 143
Sinopse

Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.

O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.

O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:

- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.

- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).

- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.

- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 20.00

Comparte