Cadernos de fraseoloxía galega 22
Director/a: González Rey, María Isabel

Material textual - Publicación electrónica en liña - Publicación periódica
ISSN: 2605-4507
Idiomas:
Galego
Edita:
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2022
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Colección:
Cadernos de fraseoloxía galega (22)
Ilustracións:
non
Volumes:
1
Páxinas:
441
Sinopse
Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas. Tamén se inclúen dúas recadádivas (a primeira, da fraseoloxía de Xermade e a segunda, do Morrazo), oito recensións e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2020.