O charco de Ulises

Autor/a: Cortegoso, Santiago
O charco de Ulises
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5368-4
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2020
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: O papel do teatro (6)
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 102
Sinopse
Nº 6 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. O charco de Ulises dá corpo a unha nova produción do CDG, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto trasatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíse dela.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 9.50

Comparte