Guía para o estudo da prosa galega medieval | 3
Coordinador/a: Corral Díaz, Esther. Pichel, Ricardo - Autor/a: Pichel, Ricardo

Material textual - Publicación electrónica en liña - Publicación periódica
ISSN: 2695-3951
Idiomas:
Galego
Edita:
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2020
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións:
cor
Volumes:
1
Páxinas:
315
Numeración:
3
Sinopse
Este nº 3 da serie ArGaMed é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños). O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética e seria, e está ilustrado cun amplo repertorio de imaxes dos manuscritos. Para iso realízase en cada obra un estudo sucinto da descrición física dos testemuños que conservan a obra, unha análise concisa do texto que teña en conta as súas características, a súa tradición textual e o seu contexto de produción. Por último, complétase cun exhaustivo apéndice bibliográfico particular que recolle as edicións, estudos e proxectos da obra publicados (e en curso de realización), e un índice de axentes e espazos culturais que evidencian o ambiente sociocultural da época na área setentrional peninsular.