Marcha fúnebre para un monicreque

Autor/a: Vidal, Roi
Marcha fúnebre para un monicreque
Material textual - Publicación en papel - Folleto
ISBN-13: 978-84-453-5253-3
ISBN-13: 978-84-9995-220-8
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2017
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Barriga Verde (15)
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 40
Sinopse
Marcha fúnebre para un monicreque, de Roi Vidal Ponte, conforma o número 15 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para adultos (edición 2016), e coeditada pola AGADIC e Baía Edicións, Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que, mediante a linguaxe da farsa, mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 5.00

Comparte