Diego Santomé: Peza de esquina e outros espazos en conflito

Autor/a: Ledo, Agar. Canela, Juan. Santomé, Diego
Diego Santomé: Peza de esquina e outros espazos en conflito
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5179-6
Idiomas: Inglés, Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2015
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa dura
Volumes: 1
Páxinas: 168
Sinopse
As estratexias discursivas sobre as que se asenta a obra de Diego Santomé están directamente vinculadas aos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. As súas pezas funcionan como procesos de desocultación dunha realidade que emerxe como fallo das conquistas sociais, cuxas pegadas recupera o artista para reflexionar sobre a posibilidade de reconstruílas. Esta publicación, con textos de Agar Ledo e Juan Canela, repasa a traxectoria do artista desde finais dos anos noventa. Concédelle unha atención especial á súa produción audiovisual máis recente, en particular ás pezas "Galápago europeo (Emys orbicularis)", 2013-2014, e "Apuntamentos e breve aproximación a Sargadelos, primeira versión", 2014 ambas presentadas por primeira vez na exposición "Peza de esquina e outros espazos en conflito", que acolleu o CGAC no verán e o outono de 2014.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 16.00

Comparte