Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 680 resultados.
O gabinete fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez no Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e...
Kumbh Mela: O baño da inmortalidade: Fotografías de Manuel Valcárcel
Trátase do catálogo dunha exposición que, acompañado de varios textos, recolle as fotografías da mostra, xunto con outras non expostas, que ilustra o maior encontro relixioso do mundo. Este ano celebrouse o Maha Kumbh Mela (o gran Kumbh Mela) e...
ArGaMed 7/2025. Manifestacións de relixiosidade na Galicia medieval.: Literatura, historia e arte | 7, 2025
Este volume reúne, desde unha perspectiva interdisciplinaria, unha selección de traballos vencellados a proxectos predoutorais actualmente en desenvolvemento, ao coidado de novas investigadoras e investigadores. O eixo temático común é o estudo...
Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 35, 2025
Edición do número 35 de revísta Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos...
Educando a mirada: Leccións de arte e deseño
Educando a mirada. Leccións de arte e deseño é o título da exposición obxecto deste catálogo e que o Arquivo de Galicia organizou para celebrar o Día Internacional dos Arquivos neste ano 2025. Nela exhíbese un conxunto...
A barca de caronte: A travesía vital de Isaac Díaz Pardo
O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema,...
Francisco Asorey: Unha recuperación necesaria. 1889-1961
Catálogo da exposición Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria. 1889-1961. Busca reunir unha selección das súas obras máis significativas, desde as obras iniciais en que deixa ver as súas primeiras...
Curso de introdución á lingua e á cultura galegas
O manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para acompañarte no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade...
100 números de Fronda. Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Xuventude Crea: 2024
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2024 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.