Premio: Premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques

Premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques

Dirixidos a textos inéditos en galego, non representados nin premiados anteriormente

Ata 06/07/2020 está aberta a convocatoria, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXV edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da XI edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XIV edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público a que vaian dirixidos os textos.

 

A quen vai dirixido?

Persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.

 

Requisitos?

– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.

– Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.

– Os ganadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) no cal resultaron galardoados.

– Non poderá presentarse o persoal da Agadic.

– Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.

 

A onde acudir?

Consellería de Cultura e Turismo

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881 996 077 / 881 996 078

Fax: 881 996 080

Email: agadic@xunta.es

Estado do trámite: En trámite

Comparte