Premio: XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense

XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense

A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o XIV Certame de Artes plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.

O certame rexerase polas seguintes bases:

 

 

1.- A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc).

 

2.- Poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

 

3.- A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calqueira tipo de técnica e material.

 

4.- Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que  pertenzan a distintas modalidades.

 

5.- As obras axustaránse ás seguintes características:

 

Pintura: Non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións .

Escultura: Terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.

Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres

 

6.- As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.

 

7.- Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:

 

 

Primeiro premio.-  3.000 euros

Segundo premio.- 2.000 euros

Terceiro premio.-  1.000 euros

Dous accésits de  500 euros cada un

 

O xurado pode conceder accésits honoríficos, se o estima oportuno, en vista da calidade dos traballos presentados. Tamén pode declarar deserto calqueira dos premios.

As obras que reciban algún dos premios con dotación económica quedarán en propiedade da Deputación provincial de Ourense.

 

8.- O prazo de presentación das obras establecerase dende a convocatoria deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día 15 de xuño do 2017. As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso,30  32003 Ourense). Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío das obras. Os organizadores non se responsabilizan dos riscos ou desperfectos que poidan sufri-las obras no seu traslado e manipulación.

 

9.- Identificación.- Para a súa identificación, as obras levarán en lugar ben visible un lema identificativo, que pode ser común ás obras presentadas polo mesmo autor. En sobre pechado aparte incluirá un BOLETÍN DE PARTICIPACIÓN no certame ou copia do mesmo por cada obra presentada, debidamente cumprimentado e cunha copia do DNI do autor. No exterior do sobre figurará o lema da obra ou obras.

 

10.- A Deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e  realizará o correspondente catálogo.

 

11.- O xurado estará integrado por un mínimo de cinco membros vencellados ó mundo das artes plásticas que serán designados pola presidencia da institución provincial.

 

12.- Os titulares das obras non premiadas deberán retirar estas unha vez rematada a exposición, cun prazo máximo dun mes. Unha vez superado o mesmo, os organizadores declinan calqueira responsabilidade sobre as mesmas.

 

13.- Os artistas autorizan á Deputación a emprega-la imaxe das súas obras en calqueira formato e sen límite de tempo.

 

14.- A participación neste certamen supón a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.

 

Estado do trámite: Resolto

Documentos relacionados

Comparte