Premio: III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta coa colaboración de Sabadell Gallego.  

A convocatoria permanecerá aberta ata o 15 de xullo e con ela, a Cidade da Cultura busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  • Proxectos na área do deseño
  • Área da xestión cultural.
Estado do trámite: Resolto

Comparte