Nova: Arranca a exposición 'Lalibela, cerca do ceo', da fotógrafa Cristina García Rodero

12/07/2019

Arranca a exposición 'Lalibela, cerca do ceo', da fotógrafa Cristina García Rodero

A mostra, composta por imaxes en branco e negro sobre esta cidade etíope, permanecerá aberta ao público no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o mes de novembro

  • Arranca a exposición 'Lalibela, cerca do ceo', da fotógrafa Cristina García Rodero Arranca a exposición 'Lalibela, cerca do ceo', da fotógrafa Cristina García Rodero

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe no Museo das Peregrinacións e de Santiago á presentación da exposición Lalibela, cerca do ceo, da fotógrafa Cristina García Rodero, que xira arredor desta cidade sagrada en Etiopía.

Nas imaxes que compoñen a mostra, en branco e negro e tomadas entre os anos 2000 e 2009, o visitante poderá observar as celebracións coptas da Epifanía e a Semana Santa en Etiopía, a beleza e peculiaridade das igrexas medievais, a paisaxe ou a riqueza dos ritos que alí se celebran. A exposición está comisariada pola directora artística da empresa cultural La Fábrica, Oliva María Rubio, e permanecerá aberta ao público ata o 3 de novembro.

Anxo M. Lorenzo destacou que Cristina García Rodero é unha das fotógrafas máis sobresaíntes do panorama actual e a primeira española en formar parte da prestixiosa axencia Magnum. Empezou a súa carreira fotográfica en 1973 diversos traballos seus foron expostos a nivel internacional. Nos seus máis de 40 anos de traxectoria profesional, recibiu diversos premios e recoñecementos, entre os que se atopan o Premio Eugene Smith de Fotografía Humanista, o Premio World Press Photo de Arte, a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes ou o Premio Internacional de Fotografía.

Comparte