Nova: O concerto da Banda de Música Sons e Soños inaugura o Serán’02 na Cidade da Cultura

28/06/2019
O concerto da Banda de Música Sons e Soños inaugura o Serán’02 na Cidade da Cultura
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao concerto infantil da Banda de Música Sons e Soños (Outeiro- Rábade- Begonte), enmarcada na primeira xornada do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular que se está a celebrar esta fin de semana no Museo Centro Gaiás.
O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, contará durante toda a fin de semana con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como de diversas formacións infantís e xuvenís. A xornada de hoxe rematará cun concerto dobre das bandas municipais profesionais de música da Coruña e de Santiago de Compostela. A programación completa pode consultarse na web www.cidadedacultura.gal.